Maios 2012 / Educación Infantil

Un ano máis no CEIP de Viñas celebramos os Maios. Como cada curso, cada aula crea as súas coplas para lucilas todos arredor do Maio. Os ensaios foron moi intensos e os resultados estupendos!! Parabéns a todos!! Iremos colgando os Maios de todos os cursos. Xa sabes, se queres ver as imaxes máis grandes pincha nelas!




COPLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Dinosaurios e astronautas
veñen xuntos a cantar
unhas coplas divertidas
para todos disfrutar.
___

Tede moito coidadiño
ao pasar por Infantil
se vos saen os morcegos
fuxide pronto de alí.
___

Estamos moi cansadiños
de tanto ter que ensaiar
esta copla rematamos
e marchamos descansar.
___

Unha aperta!

O.



Los comentarios están cerrados.