Maios 2012 / 3º Curso

As coplas e algunha foto dos Maios de 3º Curso!




COPLAS DE 3º CURSO

Abride ben as orellas
avisade aos compañeiros
aquí chegan, aquí veñen
as cantigas de terceiro.
___

Este ano 2012
éche o da fin do mundo
profe, déixanos os xogos
non perdamos un segundo.
___

Catro peixes hai na clase
moito cariño lles temos
comen sopiña de cores
e un deles chámase Nemo.
___

Estudamos os morcegos
aprendemos moitas cousas
comen froita e pexegos
tamén mosquitos e moscas.
___

E veu a profe Lorena
a ver como traballamos
divertímonos con ela
e tamén multiplicamos.
___

Batede con forza as mans
que xa estamos rematando
ben merecen un apluso
estes nenos que cantaron.
___

Unha aperta!

O.



Los comentarios están cerrados.