MARCHA RADETZKY

A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.


Johann Strauss naceu e morreu en Viena e é o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.



A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.


Premede na imaxe e escoitaredes a melodía.



A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

Os directores invitados a levar na batuta neste concerto son os mellores do mundo.

Déixovos o vídeo do concerto deste ano baixo a batuta de Gustavo Dudamel.







Los comentarios están cerrados.