YO CONTIGO, TÚ CONMIGO


A canción "Yo contigo, tú conmigo" da película "Gru 3. Mi villano favorito" acompañará a todas as publicacións de fotos no blog cando traballemos aprendizaxe cooperativa.

Todos aprenderemos esta canción durante este trimestre e o alumnado de 5º e 6º deberán facer unha coreografía que bailaremos todo o colexio.

Todo o traballo relacionado con este tema farémolo utilizando estruturas de aprendizaxe cooperativa.

Temos moito traballo por diante ou sexa que moitos ánimos para todos.

Irei publicando diferentes entradas no blog explicando cada unha das actividades, pero para empezar aquí déixovos dous vídeos.

Trailer da película "Gru 3. Mi villano favorito".




Canción con Morat y Álvaro Soler.





APRENDIZAXE COOPERATIVA

Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.

Co alumnado de cuarto utilizei a estrutura de "folio xiratorio", no noso caso "partitura xiratoria", para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.

O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.



APRENDIZAXE COOPERATIVA

Durante este curso estou levando a cabo algunhas estruturas de aprendizaxe cooperativa.

Estas dinámicas de traballo favorecen a interacción positiva entre os alumnos xa que deben traballar xuntos, axudarse entre eles e aprender uns dos outros

En este segundo trimestre os alumnos de 5º e 6º estiveron facendo ditados rítmicos utilizando a estrutura de "folio xiratorio".

O alumnado está distribuido en grupos e dentro de cada grupo cada alumno ten que escribir un compás cunhas determinadas características. Os demais membros do grupo deben dicir se o compás é correcto e por tanto pode escribirse no folio do equipo. Mentres tanto o folio non poderá pasar ao seguinte membro do grupo. Cando os equipos rematan cada alumno debe ditar o compás que escribeu aos compañeiros dos outros grupos.