Os Contacontos Musicais nos colexios de Ferrolterra

Este mes de febreiro os Contacontos Musicais de Musicreques tamén teñen cita nos coles de Ferrol e Narón. 

O venres 15 visitaremos o Ceip A Laxe onde actuaremos para aproximadamente 60 escolares de infantil e primaria. Esta actuación enmárcase dentro do programa de dinamización da música e a lectura que facemos conxuntamente co CMUS Xan Viaño de Ferrol.


O mércores 20 achegarémonos ata Narón, ao Ceip A Solaina onde volveremos a contar os nosos contos aos raparigos e raparigas da comarca de Ferrolterra. 

Un xaneiro de Contacontos Musicais

Despois dun Decembro no que Musicreques levou todos os seus espectáculos aos escenarios de Ferrol, O Carballiño, A Baña, Riveira e Curtis, comeza este ano 2019 cun Xaneiro no que o protagonista será o Contacontos Musical.

As datas e horarios son as seguintes: 

Dentro da Programación de Nadal do Concello de Pontedeume, estaremos maña xoves 3, na Casa da Cultura de Pontedeume ás 18:00. 

O venres día 11, faremos unha sesión dobre do Contacontos para bebés en Ourense dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A primeira sesión será ás 18:00 e a seguinte ás 19:00.

O mércores 16 é a data elexida para realizar unha sesión para escolares no CRA O Val de Narón ás 12:00. E o venres 25 outra sesión para escolares, desta vez dentro do programa de colaboración co CMUS Xan Viaño, no Ceip de Ponzos de Ferrol, para os nenos de Infantil e Primaria.

En Novembro actuaremos en Pontedeume e Ferrol

Este mes de Novembro faremos tres representacións do noso Contacontos Musical nos Concellos de Ferrol e Pontedeume. 


O venres 16 e o mércores 28 serán representacións para escolares nos Ceip. San Xoan de Filgueira de Ferrol, en primeiro lugar, e despois no Ceip de Andrade de Pontedeume, así que non están abertas ao público en xeral. Mais o sábado 17 achegarémonos ata a parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, para celebrar o Magosto invitadas pola A.V.V. Nogueirosa. A actuación será no local social da Asociación ás 19:00 e a entrada é libre e gratuita.

Esperamos ter moitos rapaciños dispostos gozar dos nosos contos e a cantar connosco. Volo ides perder?



Imos colaborar co Conservatorio Xan Viaño de Ferrol na dinamización da música e a lectura

O Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol e a Asociación Musical Musicreques acaba de concretar un programa de actuacións nos colexios de Ferrol para o presente curso lectivo. É un programa de fomento da música e dinamización da lectura que orgañizan conxuntamente os equipos de Normalización lingüística, Biblioteca e Convivencia do CMUS Xan Viaño xunto coa nosa Asociación.

A actividade que se vai realizar é o Contacontos musical nas datas de:

   26 de Outubro
   16 de Novembro
   14 de Decembro
   25 de Xaneiro
   15 de Febreiro
   15 de Marzo
   5 de Abril
   24 de Maio

O contacontos realizarase nos propios centros educativos sen custo ningún para os colexios nin para o CMUS Xan Viaño, dentro da actividade sen ánimo de lucro da Asociación Musical Musicreques.


Esperamos que os nenos o pasen fenomenal!!

Se queredes estar informados podédesnos seguir a través da nosa páxina de Facebook!