XOGANDO NO PENTAGRAMA!


Durante esta semana os nenos de 1º achegáronse á linguaxe musical convencional cun xogo no pentagrama do chan.

O xigantesco pentagrama que ocupa á aula de música converteuse nun circuito con obstáculos que os nenos tiñan que superar para chegar dende a "saída" ata a "meta".

Tiveron que andar, brincar, correr, reptar, e ata saltar á pata coxa  entre liñas e espazos para conseguir o seu obxectivo.

Está claro que despois de facer o xogo todos os nenos móvense entre as 5 liñas e os 4 espazos do pentagrama como se estiveran na súa casa.

O premio, se conseguían chegar a meta, era tocar unha improvisación utilizando o metalófono contralto, e todos o fixeron moi ben.

Noraboa chicos!

Vexamos a eses artistas!





O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto "Somos compositores: O monstro de cores".

Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!




INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA

O pasado xoves recibimos a visita de Mon, o pai de Andrea, que nos contou moitas cousas interesantes sobre dous instrumentos da familia da corda pulsada: a bandurria e a guitarra española.

Mon contestou ás preguntas que lle fixeron os nenos e tocou os dous instrumentos. Foi xenial!





Para rematar esta clase tan interesante Andrea tocou unha peza preciosa coa bandurria, acompañada polo seu pai.