Gravamos un disco con Infantil

Este final de curso será especial. Os alumnos/as de Infantil son uns grandísimos cantantes e disfrutamos moito cantando neste curso. Así que non quixemos deixar pasar a ocasión de gravar  as cancións coas que tanto disfrutamos e compartilas con todos vós, cos visitantes deste blog, os que lle dades vida  e facedes que siga crecendo. 

Neste días irán aparecendo as cancións. 
Parabéns a todos os cativos/as de Infantil!!!

Temos Aula Virtual en Edmodo

Unha nova, rapaces!

Edmodo é unha plataforma social educativa que permite a comunicación entre alumnos e profesores nun entorno pechado e privado. Esta plataforma permite, por exemplo, enviar traballos e tarefas aos alumnos, reforzar contidos de clase mediante contido web e compartir archivos.  Actualmente é gratuita e sen publicidade.

Paréceme moi interesante para ampliar a comunicación entre o grupo-clase, principalmente alumnado de 3º Ciclo, e estirar un pouquiño este horario tan reducido que temos coa materia de Música.

Aquí está a aperiencia de Edmodo. Xa falaremos máis acerca deste tema. "O Canto do Merlo" xa creou Aula Virtual, para entrar neste grupo precisades entrar como estudantes e introducir o código do noso grupo, que o facilitarei nas clases.




Unha aperta!

O.

Parabéns a David Vaamonde López!

Non quero deixar de compartir esta gran noticia musical. Hoxe no xornal, na contraportada, aparecía esta noticia sobre este neno, David, de 13 anos. Toca o piano dende os 6 anos e vai ter o privilexio de acompañar en concerto a Lang Lang, recoñecido como un dos mellores pianistas do momento. Nada máis ver esta noticia, non dubidei nin un segundo en compartila cos meus alumnos/as. Por suposto quedaron abraiados e orgullosos de que un colega galego chegue tan alto. Parabéns, David! 

Aquí está a noticia, pincha nela para ampliar a imaxe 


Unha aperta!

O.

Saúdos despois de moito tempo!

Ola a todos!

Antes de nada o Merlo quere pedir disculpas pola tardanza na actualización de contidos do blog!

A verdade é que estamos a traballar coma nunca! Dentro de pouco actualizaremos as seccións como se merecen. Daremos a coñecer os traballos de aula e algunha sorpresa. Pasou tamén o Día da Paz e o Entroido. Hoxe mesmo estamos de volta destes días de troula. Creo que todos voltamos con ganas de seguir aprendendo...

Deixo unha aperta ben forte!

O.