NA CASA DA MIÑA AVOA

Achégase o Nadal e os nenos de 1º curso están aprendendo unha panxoliña moi divertida e marchosa.

Como este ano estamos estudiando o grupo The Beatles e os nenos teñen o ritmo metido no corpo, interpretarán esta panxoliña na que bailan rock and roll..

Aquí vos deixo a letra por si alguén máis quere aprendela.


Na casa da miña avoa
celebramos o Nadal,
ceando todos xuntiños
netos, sobriños e irmáns.

E cando chegan as doce
a miña avoa dorme xa,
e os ratiños connosco
saen todos a bailar.

E os canciños…

E os michiños…



clicade na casa da avoa para escoitala



 



Los comentarios están cerrados.