Chega setembro…

Xa estamos en setembro, o mes do comezo do novo curso 2012 - 2013. Este curso o Merlo voou ata un novo CEIP, o Valle Inclán, situado en O Grove (Pontevedra). Iniciamos así unha nova etapa chea de novidades e experiencias con novos alumnos, novo centro e novos compañeiros.

Dende aquí quero dar a benvida a todos os lectores do noso blog e comunicarvos que moi pronto comezaremos a publicar.

Tamén quero aproveitar para dar a nova de que O Canto do Merlo resultou Semifinalista no concurso de Innovación Educativa 2012. Estamos ledos por esta noticia!!!!


Unha aperta!

O.



Los comentarios están cerrados.