O sábado 5 de novembro estaremos en A Coruña


O próximo sábado 5 de novembro Musicreques actúa ás 12:00 na sede de Afundación de A Coruña, dentro do Festival Sea Sons organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro e MusicArte.

A espectáculo que poderedes ver será o de Iván e o lobo gris. Lembrade que a derradeira vez que o fixemos na Coruña quedou moita xente sen poder gozar do espectáculo porque houbo moita afluencia de público. Desta vez haberá que comprar entrada, pero esperamos ter moito público tamén, así que vos recomendamos non o deixedes para o último momento. Poñémosvos aquí o enlace para comprar as entradas: Ataquilla

Invitámosvos tamén a asistir ás outras actuación ofertadas no festival. Seguro que van a estar fantásticas.

 



Los comentarios están cerrados.