O ESPANTALLO DIVERTIDO

Aquí tedes unha canción do novo disco de Migallas coa que imos participar no proxecto do colexio deste curso, "CADA PAXARO NO SEU NIÑO".

Clicade na imaxe para escoitar a canción.





Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Catro farrapos vellos
e palla de centeo.
Cabeza de cabaza,
nariz de pataca
e levo por sombreiro
o fondo dun cesto. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Fun feito “pra” dar medo
aos corvos e aos merlos,
ás pegas rabilongas,
ás rulas, ás pombas,
pardais e paporrubios…
que todos se escondan! (Bis)



Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E busco pola leira,
debaixo das maceiras,
enriba das patacas,
do millo, das fabas,
debaixo da verdura,
na froita madura. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E voan pola veiga.
Escapan ás carreiras
e logo, moi cansados,
xa van acougando
e veñen ao meu lado
cantando e piando. (Bis)



A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

O día 26 de Novembro os nenos de 1º ciclo asistiredes a un concerto en Pontevedra titulado "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO".

Nese concerto Magín Blanco conta as aventuras dunha nena e dun grilo que van descubrindo o mundo a través dos contos e das cancións. 

Vai ser un concerto fantástico e aquí vos deixo algúns vídeos que traballaremos na clase a vindeira semana.

Ah, por certo, teño entendido que GROTUS ten moitas gañas de ver esta actuación ou sexa que os ollos ben abertos ese día.
















Lembrade que cando asistimos a un concerto temos que cumplir unhas normas especiais para este tipo de representacións.

Clicade no esceario para repasalas!!!




EH, MENIÑA EHH!!

Chegáronme noticias de que Grotus non durme moi ben ultimamente. Eu creo que tanto viaxe nocturno de Noruega ata Vilalonga deixóulle o sono cambiado!

Que vos parece se lle cantamos unha anaina para ver si conseguimos que durma coma un tronco???

Esperemos que funcione pero que non se quede durmido no colexio xa que o susto que podemos levarnos cando cheguemos pola mañá  pode ser de campionato!

clicade no debuxo para escoitar a canción




Eh, meniña, eh, que aí ven o cocón
a buscala nena que non durme non
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh, meniña, eh que chegan o te
e mailas papiñas nun cacharolé
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh  meniña, eh, zapato no pe
sardiña salgada pra o noso Xosé
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh  meniña, eh, zapato no pe
papá vai na vila a buscalo café
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


TRABALLAMOS COA BIOGRAFÍA DE EDVARD GRIEG

Durante esta semana os alumnos de 2º e 3º ciclos fixeron diferentes xogos para aprender cousas sobre o compositor EDVARD GRIEG.

Divertímonos moito e aquí vos deixo algunhas fotos dese traballo. Clicade na imaxe e a disfrutar!!!





E agora se clicades na foto de Edvard Grieg escoitaredes a súa biografía. Lembrade que as ilustracións están feitas por compañeiros vosos que fai bastante tempo que deixaron o colexio. A que están moi ben???