ODAIKO


O día 22 disfrutaremos da actuación dun grupo de percusión chamado ODAIKO. Fan unha posta en escea moi orixinal e innovadora e imos pasalo moi ben.

Como xa empezamos a preparar o concerto e tal e como vos dixen aquí tendes os vídeos que vimos na clase para que podades darlles un repaso.









ANTONIO VIVALDI: INVERNO


Que frio fai!!!! Iso vai ser que estamos no inverno, a que si???

Para ir coa estación agora toca estudiar a música que Vivaldi escribiu para contarnos o que é o inverno.

O concerto titulado INVERNO ten 3 movementos:

- 1º movemento: Allegro non molto
- 2º movemento: Largo
- 3º movemento: Allegro

Nos seguintes vídeos Karajan dirixe á Filarmónica de Berlín.









Aquí vos deixo unha pequena historia sobre o inverno que nos ofrecen dende MÚSICA EN ALCALÁ.




QUEN ERA O CAMPANEIRO???

Para os que estades estudiando a canción "Campaneiro", que sei que sodes todos, vos deixo un pouco máis de información sobre esta melodía e uns vídeos moi divertidos para que descansedes un pouqiño, e de paso podedes aprender a letra, que está en francés.

FRÈRE JACQUES é o título da canción infantil que é orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, e Jacques era o fraile encargado de tocar as campás.