Maios 2012 / 2º Curso

Os alumnos de 2º Curso compuxeron unhas coplas preciosas e ademáis o fixeron moi ben!



COPLAS DE 2º CURSO

Estas son as nosas coplas
este ano imos cantar
somos nenos de segundo
e a terceiro imos pasar.
___

Coa nosa profe Maricha
sempre con ela xogamos
movemos o noso corpo
mira que ben o pasamos.
___

Esta nosa profe Olga
ensínanos a cantar
tamén a vida de Mozart
que moi ben sabía tocar.
___

Estas son as nosas profes
Silvia, Carmen e Isabel
aprendemos moitas cousas
e o pasamos moi ben.
___

Despedímonos de todos
xa nos temos que marchar
este Maio é bonito
pero temos que estudar.
___

Unha aperta!

O.