UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!


Para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, traballaremos durante estes días con contos, cancións ou xogos que teñan como protagonistas a unhas aves que todos coñecedes. 

Estas aves tamén aparecen na obra de Ricardo Carvalho Calero titulada "As pitas baixo a choiva".




  MARCHANDO UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!  













Tocade para os máis pequenos esta canción coa frauta.

Déixovos a partitura e un titorial.







Novos videos de Musicreques

Tal e como vos adiantabamos estes días, xa hai novos videos nas nosas contas de FacebookInstagram, e Youtube. Unha canción, un contacontos con música e unha escena co monicreque da bruxa Baba Iaga.

O primero video que colgamos foi o de a Canción do pitiño. Subímolo polo día da poesía e fala de galos, galiñas e pitiños amarelos. Fixémos a canción estes días pensando en todos ese pitiños que teñen que quedar na casa por mor do coronavirus. O estribillo vai no video para que vos sexa máis doado cantalo, mais se queredes ver a letra completa do poema deixámola a continuación: 

Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo 
que non vas estar soíño.

No poleiro está o galo 
de vistosa cresta vermella,
dous agudos espolóns 
e andares fachendosos,
que vixía o galiñeiro 
e o defende dos raposos.

Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo 
que non vas estar soíño.

xunto ao galo, a galiña, 
de tamaño máis pequeno 
e de plumas de cor ouro, 
quen sentando quenta o niño
e un ovo, que é un tesouro,
porque dentro está o pitiño.

Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo 
que non vas estar soíño.

E os pitiños amarelos
que andan a buscar o millo, 
comen vermes é miñocas
e mentras o galo canta...
KIKIRIKÍ!!...🎶🎶🎶🎶
amolan ás galiñas chocas.

Pitiño! Pitiño! Queda calmo no niño
descansa e non teñas medo
que non vas estar soíño!

Outro video que poderes ver é o do conto musicado A galiña Carmiña. Un dos contos incluídos no espectáculo Contacontos Musicais que levamos representando dende o ano 2017 pola Comunidade Autónoma de Galicia. 

Este sinxelo conto está pensado especialmente para bebés e nenos de 3 a 6 anos, mais gusta a pequenos e maiores pola historia que conta, o uso dos monicreques e o emprego de música de piano (habitualmente en directo) para dar a atmósfera axeitada a cada escena. A peza que se escoita na maior parte do conto e a Gymnopedie nº 1 de Erik Satie.

E para rematar, hoxe colgamos a adaptación a estes tempos de confinamento polo coronavirus do video da bruxa Baba Iaga (que fixéramos polo Samaín). A simpática bruxa manda unha mensaxe aos rapaciños que esperamos que lles divirta e entreteña.

Por hoxe nada máis. Moito ánimo a todos, que xa queda un día menos e xuntos o conseguiremos!!

Seguídenos nas redes!

A HORA DO PLANETA

Hoxe sábado 28 de marzo, celébrase a "Hora do planeta" 2020, polo que dende as 20:30 ata as 21:30 horas estamos chamados a apagar as luces das casas, dos edificios e dos monumentos, como símbolo da loita contra o cambio climático.



Déixovos a canción "Ahora, el planeta". Todos a cantar e a bailar!!!



Debido a que este ano estamos confinados na casa, a ONG que organiza diferentes actividades ,WWF, propón que saiamos á ventá e que escribamos coa linterna dos nosos teléfonos a seguinte frase "APAGA A LUZ. TODO IRÁ BEN", utilizando o CÓDIGO MORSE.

INTENTEMOS ESCRIBIR ESA FRASE EN CÓDIGO MORSE!!! SERÁ DIVERTIDO!!!

Pero ¿qué é o Codigo Morse? 

É un alfabeto que utiliza pitidos curtos ou longos. Un pitido longo equivale a tres pitidos curtos.

Aquí vos deixo a equivalencia de cada letra en Morse.


Déixovos tamén máis información sobre este alfabeto tan interesante.







Para transmitir esta mensaxe non utilizaremos sons, senón a luz de linternas ou dos teléfonos móbiles.

PEDIDE AXUDA ÁS PERSOAS MAIORES QUE ESTÁN NA CASA E INTENTADE FACELO ENTRE TODOS. 

QUE VOS PARECE?