Un Decembro cheo de actuacións

Tralas últimas actuacións en Ferrol e Nogueirosa (Pontedeume), Musicreques disponse para ter un Decembro cheo de compromisos cos máis meniños. Dende O Carballiño ata Riveira, pasando por Ferrol, Curtis ou A Baña, todos os espectáculos de Musicreques terán lugar neste máxico mes.


Non deixedes de seguirnos en Facebook para estar ao tanto dos lugares e horas das actuacións!!


En Novembro actuaremos en Pontedeume e Ferrol

Este mes de Novembro faremos tres representacións do noso Contacontos Musical nos Concellos de Ferrol e Pontedeume. 


O venres 16 e o mércores 28 serán representacións para escolares nos Ceip. San Xoan de Filgueira de Ferrol, en primeiro lugar, e despois no Ceip de Andrade de Pontedeume, así que non están abertas ao público en xeral. Mais o sábado 17 achegarémonos ata a parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, para celebrar o Magosto invitadas pola A.V.V. Nogueirosa. A actuación será no local social da Asociación ás 19:00 e a entrada é libre e gratuita.

Esperamos ter moitos rapaciños dispostos gozar dos nosos contos e a cantar connosco. Volo ides perder?



A música do noso Contacontos Musical

Un dos espectáculos que máis andamos a representar esta temporada e o Contacontos musical no que os rapaces poden gozar de sete contos diferentes, alguns para ler, outros para cantar, contar, descubrir, ou simplemente para rir. Dende "A galiña Carmiña" ou "Pío e Pía" que son para os máis pequeniños, ata "O caracol viaxeiro", "A tola de Lola" ou "A chicharra Dora", "A lanchiña do flamenco", "Antón o camaleón" ou "Contamos emocións", todos eles mesturan texto e música.

O emprego da música de piano en directo reforma o contido de cada pasaxe dos contos, polo que empegamos moitas e diferentes composicións, xeralmente de compositores clásicos mais tamén propias, en cada un deles. 

Algunas das pezas clásicas que se poden escoitar no Contacontos son:

Peacherine Rag (fragmento) de Scott Joplin
O granxeiro feliz (fragmento) de Robert Schumann
Hemiones (fragmento) de Saint Saens
Estudo Arabesque Burgmüller
Vals nº 15 Op. 39 (fragmento) de Brahms
Clair de Lune (fragmento) de Debussy
Vals en la menor B 150 de Chopin
Gymnopédie nº 1 de Satie
Pules et coqs  (fragmento) de Saint Saens
Knecht Ruprecht (fragmento) do Album da Xuventude Op. 68 de Schumann
Pieza nº 1 (fragmento) de Escenas de nenos de Schumann
Tarantella (fragmento) de A. Pieczonka
2º mov. (fragmento) da Sonata en Do maior K 545 de Mozart
Elite Syncopations (fragmento) de Scott Joplin
Träumerei de Escenas de nenos (fragmento) de Schumann
Morgenstimmung Op 46 (fragmento) de Grieg
Tiritomba Popular Italiana

Animámosvos a que as busquedes e as escoitedes. Son verdadeiras marabillas!! Para mostra este fermoso Vals de Chopin que se pode escoitar en "Pío e Pía". Chopin Vals en La. m

Comezamos a andaina polos coles

Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

   *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
   *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
   *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
   *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
   *  Febreiro: CEIP a Laxe
   *  Marzo: CEIP Isaac Peral
   *  Abril: CEIP de Esteiro
   *  Maio: aínda por determinar

A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de "A tola de Lola", "Pío e Pía", "O caracol viaxeiro", "A chicharra Dora", "A lanchiña do flamenco", "A galiña Carmiña" e "Contamos emocións".

Imos colaborar co Conservatorio Xan Viaño de Ferrol na dinamización da música e a lectura

O Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol e a Asociación Musical Musicreques acaba de concretar un programa de actuacións nos colexios de Ferrol para o presente curso lectivo. É un programa de fomento da música e dinamización da lectura que orgañizan conxuntamente os equipos de Normalización lingüística, Biblioteca e Convivencia do CMUS Xan Viaño xunto coa nosa Asociación.

A actividade que se vai realizar é o Contacontos musical nas datas de:

   26 de Outubro
   16 de Novembro
   14 de Decembro
   25 de Xaneiro
   15 de Febreiro
   15 de Marzo
   5 de Abril
   24 de Maio

O contacontos realizarase nos propios centros educativos sen custo ningún para os colexios nin para o CMUS Xan Viaño, dentro da actividade sen ánimo de lucro da Asociación Musical Musicreques.


Esperamos que os nenos o pasen fenomenal!!

Se queredes estar informados podédesnos seguir a través da nosa páxina de Facebook!