Archivo de la etiqueta: MARES DE PLÁSTICO
Seguimos traballando dentro do proxecto "Mares de plástico" e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.
A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.
Co proxecto de centro deste curso, "Mares de plástico", trataremos de concienciarnos sobre o grave problema que supón para a vida no planeta o cambio climático, provocado en gran medida polas agresións que o ser humano provoca no seu entorno.
Para introducirnos no tema lembraremos o gran desastre mediambiental que se produciu nas nosas costas no ano 2002 co afundimento do petroleiro Prestige.
A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada "La costa del silencio" na que se fala das causas e consecuencias do afundimento deste barco.
Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.