PETER PAN: AQUELLA ESTRELLA DE ALLÁ



Peter Pan é un personaxe ficticio protagonista dunha obra de teatro estreada en Londres no 1904.

Peter Pan é un neno que nunca crece e ao que non lle gusta o mundo dos adultos. Sempre vai acompañado dunha fada chamada Campanilla. O polvo que esta desprende fai que Peter Pan poda voar.
Peter Pan vive no pais de Nunca Xamais, unha illa poboada por piratas, indios, fadas e sereas, onde vive moitas aventuras xunto aos seus amigos os Nenos Perdidos. 




Aquella estrella de allá
hoy brillará por ti.
Tus sueños se realizarán,
siempre ocurre así.

Aquella estrella de allá
tiene una extraña luz.
Quizá nunca jamás se irá,
si es que la sigues tú.

Brilla estrella brilla más
y sabré donde estás.
Hasta un mágico pais
tú me guias por el cielo.

Y cuando vas a dormir,
y el día ya se va.
La estrella te iluminará
y siempre brillará.


E agora que xa sabedes a canción acompañarémola con instrumentos de percusión, axudados polo seguinte vídeo.

Tede en conta as seguintes equivalencias:













CHEGA A PRIMAVERA!


Xa quedan poucas horas para o esperado cambio de estación. Pasaremos do inverno á primavera, que boa falta fai porque xa estamos un pouco cansos do frio e da choiva.

O compositor que mellor reflectiu as sensacións que se viven nas diferentes estacións do ano foi o supercoñecido e archifamoso Antonio Vivaldi, co que xa traballamos ao principio de curso cando chegou o outono.


Lembrade que a súa obra máis famosa é "As catro estacións".

Meterémonos de cheo no 1º movemento da "Primavera" e gozaremos coa música de Vivaldi.

Empezaremos vendo diferentes vídeos para familiarizarnos coa obra.








E agora veremos unha versión rockera da obra de Vivaldi. TODOS A CANTAR E A BAILAR!




QUE MARCHA!!!