COPLAS DOS ALUMNOS DE 1º CURSO
Os alumnos de primeiro
querémosvos compoñer
unhas copliñas dos maios
para que o pasedes ben.
___
Estamos no mes de maio
nacen xestas e carballos
e acércase o día
de cantar todos os maios.
___
Rematamos xa primeiro
un pouquiño alterados
esperemos que en segundo
xa se nos teña pasado.
___
Nestes días na campiña
flores todos recollemos
traerémolas axiña
para o Maio que facemos.
___
Unha aperta!
O.