Pechámolo ano cun balance moi positivo

Agora que o 2019 vai rematar, prechámolo ano cun balance moi positivo xa que todos estes meses estiveron cheos de actuacións de Musicreques por numerosos Concellos de Galicia,  especialmente na provincia de A Coruña. 


Algún destes Concellos coñecían a Musicreques de ocasións anteriores, como Abegondo, Narón, Ourense, O Carballiño, Ribadeo..., e alégranos moito que de novo quixeran volver a contar connosco con outro dos nosos espectáculos. Mais tamén fíxonos moitísima ilusión visitar varios Concellos por primeira vez, coma Cee, Cedeira, Coirós, Irixoa, Frades, ou Oza dos Ríos, e aos que esperamos poder volver pronto. 

Outras localidades (como Fene ou Valdoviño) xa as visitáramos polas sesións para escolares que levamos a cabo regularmente, mais neste ano eses Concellos chamáronnos tamén para realizar algunha actuación na súa biblioteca, auditorio ou aula de cultura e sempre é especial coñecer novos espazos!

Quedaron pendentes as actuacións en Trazo e en Mofero que tivemos que deixar para o 2020 por diversas causas e das que vos informaremos en canto concretemos a data.

Pechámolo ano, si... mais facémolo invitándovos a asistir á representación dos Contos e Música do ceo, da terra e do mar que terá lugar o sábado 4 de Decembro ás 17:00 na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume. Unha chea de contos, música e monicreques. Volo ides perder?







Los comentarios están cerrados.