MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de Novembro é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Crear unha sociedade libre de calquera violencia sobre as mulleres, é unha das metas que como cidadáns debemos conseguir, porque será a única forma de acadar a igualdade real entre mulleres e homes.

A cultura sempre é unha axuda para despertar e remover conciencias.

A música é capaz de despertar emocións e é un instrumento eficaz para a comunicación entre as persoas.

Durante este mes de novembro traballaremos coa canción "SE ACABARON LAS LÁGRIMAS" de HUECCO, unha canción comprometida cunha sociedade libre de violencia de xénero, unha canción que fomenta a igualdade e que trata á muller dunha maneira respectuosa e igualitaria.

O día 25 cantarémola todos xuntos, en recordo de todas as nenas e mulleres que se quedaron no camiño e para apoiar a aquelas que todavía a sufren, dándolles a nosa enerxía para axudalas a atopar a liberdade. 





Los comentarios están cerrados.