Autor: Musicreques

  • En Novembro actuaremos en Pontedeume e Ferrol

    Este mes de Novembro faremos tres representacións do noso Contacontos Musical nos Concellos de Ferrol e Pontedeume. 


    O venres 16 e o mércores 28 serán representacións para escolares nos Ceip. San Xoan de Filgueira de Ferrol, en primeiro lugar, e despois no Ceip de Andrade de Pontedeume, así que non están abertas ao público en xeral. Mais o sábado 17 achegarémonos ata a parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume, para celebrar o Magosto invitadas pola A.V.V. Nogueirosa. A actuación será no local social da Asociación ás 19:00 e a entrada é libre e gratuita.

    Esperamos ter moitos rapaciños dispostos gozar dos nosos contos e a cantar connosco. Volo ides perder?



  • Visitade a canle de Musicreques en Youtube

    Sabedes que temos unha canle en Youtube? Alí podedes atopar varios videos dos nosos espectáculos e algunhas cancións para os rapaciños.

    Recentemente engadimos un pequeno video no que a bruxa Baba Yaga felicita o Samaín. Baba Yaga e o Samaín

    Non volo perdades!


  • A música do noso Contacontos Musical

    Un dos espectáculos que máis andamos a representar esta temporada e o Contacontos musical no que os rapaces poden gozar de sete contos diferentes, alguns para ler, outros para cantar, contar, descubrir, ou simplemente para rir. Dende “A galiña Carmiña” ou “Pío e Pía” que son para os máis pequeniños, ata “O caracol viaxeiro”, “A tola de Lola” ou “A chicharra Dora”, “A lanchiña do flamenco”, “Antón o camaleón” ou “Contamos emocións”, todos eles mesturan texto e música.

    O emprego da música de piano en directo reforma o contido de cada pasaxe dos contos, polo que empegamos moitas e diferentes composicións, xeralmente de compositores clásicos mais tamén propias, en cada un deles. 

    Algunas das pezas clásicas que se poden escoitar no Contacontos son:

    Peacherine Rag (fragmento) de Scott Joplin
    O granxeiro feliz (fragmento) de Robert Schumann
    Hemiones (fragmento) de Saint Saens
    Estudo Arabesque Burgmüller
    Vals nº 15 Op. 39 (fragmento) de Brahms
    Clair de Lune (fragmento) de Debussy
    Vals en la menor B 150 de Chopin
    Gymnopédie nº 1 de Satie
    Pules et coqs  (fragmento) de Saint Saens
    Knecht Ruprecht (fragmento) do Album da Xuventude Op. 68 de Schumann
    Pieza nº 1 (fragmento) de Escenas de nenos de Schumann
    Tarantella (fragmento) de A. Pieczonka
    2º mov. (fragmento) da Sonata en Do maior K 545 de Mozart
    Elite Syncopations (fragmento) de Scott Joplin
    Träumerei de Escenas de nenos (fragmento) de Schumann
    Morgenstimmung Op 46 (fragmento) de Grieg
    Tiritomba Popular Italiana

    Animámosvos a que as busquedes e as escoitedes. Son verdadeiras marabillas!! Para mostra este fermoso Vals de Chopin que se pode escoitar en “Pío e Pía”. Chopin Vals en La. m

  • Comezamos a andaina polos coles

    Este venres 26 de Outubro comezamos, polos coles de Ferrol, a nosa actividade de dinamización da lectura e fomento da música. Será un venres de cada mes no que Musicreques desprazarase aos centros educativos para representar o Contacontos Musical.

    O colexios participantes nesta actividade sen ánimo de lucro son os seguintes:

       *  Outubro: CEIP Cruceiro de Canido
       *  Novembro: CEIP Plurilingüe San Xoan de Filgueira
       *  Decembro: CEIP Almirante Juan de Lángara
       *  Xaneiro: CEIP de Ponzos
       *  Febreiro: CEIP a Laxe
       *  Marzo: CEIP Isaac Peral
       *  Abril: CEIP de Esteiro
       *  Maio: aínda por determinar

    A actuación deste venres será para 109 escolares de Infantil, que poderán gozar coas aventuras de “A tola de Lola”, “Pío e Pía”, “O caracol viaxeiro”, “A chicharra Dora”, “A lanchiña do flamenco”, “A galiña Carmiña” e “Contamos emocións”.
  • Podedes seguir a Musicreques no Facebook

    Coñecedes a nosa páxina de Facebook?


    No Facebook, ademáis de compartir as novas que colgamos no blog, tamén informamos dos cambios de datas nas actuacións, novos proxectos, etc. Se quererdes estar á ultima da actividade de Musicreques e non perdervos nada, recomendámosvos que vos fagades seguidores.

    Adiantámosvos que pronto compartiremos novas dun novo proxecto de Musicreques. Esperamos que vos guste tanto como os anteriores!