Autor: Musicreques

  • Imos colaborar co Conservatorio Xan Viaño de Ferrol na dinamización da música e a lectura

    O Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol e a Asociación Musical Musicreques acaba de concretar un programa de actuacións nos colexios de Ferrol para o presente curso lectivo. É un programa de fomento da música e dinamización da lectura que orgañizan conxuntamente os equipos de Normalización lingüística, Biblioteca e Convivencia do CMUS Xan Viaño xunto coa nosa Asociación.

    A actividade que se vai realizar é o Contacontos musical nas datas de:

       26 de Outubro
       16 de Novembro
       14 de Decembro
       25 de Xaneiro
       15 de Febreiro
       15 de Marzo
       5 de Abril
       24 de Maio

    O contacontos realizarase nos propios centros educativos sen custo ningún para os colexios nin para o CMUS Xan Viaño, dentro da actividade sen ánimo de lucro da Asociación Musical Musicreques.


    Esperamos que os nenos o pasen fenomenal!!

    Se queredes estar informados podédesnos seguir a través da nosa páxina de Facebook!
  • Moitos nenos viñeron ao Contacontos Musical das festas de San Froilán

    Onte os rapaciños de Lugo o pasaron xenial nas festas do San Froilán con Musicreques. Estiveron moi atentos e participaron dando palmas, cantando e amosando os seus coñecementos dos distintos ecosistemas.




    Encantounos actuar nesta festa tan emblemática de Lugo e esperamos voltar!

  • O Contacontos musical no San Froilán

    Compartimos con vós o cartel do San Froilán Miúdo no que Musicreques actuará co seu Contacontos Musical o próximo día 6 de Outubro. Titúlase “Los pulpos bailan con elegancia” e a súa autora é Alba Bueno Prieto de 10 anos.


    A actuación de Musicreques será á 13:00 no Patio do Edificio Administrativo do Concello. 

    Non vos perdades as aventuras de Lola, Antón o camaleón, a galiña Carmiña, o caracol viaxeiro… e vinde gozar e cantar con nós!

  • Musicreques visitará Cariño e Lugo próximamente

    Rematadas as vacacións de verán, Musicreques comeza de novo a súa actividade.

    O próximo día 27 de Setembro poderédesnos atopar no Concello de Cariño co noso Contacontos Musical que está incluído dentro do programa “Ler contra moito”. A actuación será ás 12:00 na Biblioteca Pública Municipal.


    E en Outubro viaxaremos ata Lugo para participar no San Froilán Miúdo. Ata pronto!

  • Contacontos Musical en Boimorto

    Entre 40 e 50 rapaciños asistiron onte á representación do Contacontos Musical en Boimorto que tivo lugar a través da Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Por mor do mal tempo a actuación realizouse na Casa da Cultura e non no Campo do Rosario, como estaba previsto inicialmente.

    Os rapaces, así como tamén as suas nais e pais, gozaron e participaron dos distintos contos, algúns para descubrir, outros para sentir e tamén para ler, cantar ou interpretar. Ademáis, tivemos a inestimable axuda de dous simpáticos rapaces, Marco e Lois, e unha rapaza, Mabel, que representaron maxistralmente o conto de Antón o camaleón.

    Foi un tracer visitar Boimorto por primeira vez e esperamos poder voltar pronto con outro dos nosos espectáculos.