Autor: Musicreques

  • O próximo venres estaremos en Coirós

    O próximo venres 1 de Xuño visitaremos pola mañán o concello de Coirós para representar Iván e o lobo gris. É unha actuación para escolares solicitada a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

    Este mes será tamén ocasión para compartir co público de Ponteceso As aventuras de Quebranoces, e co de Negreira e Carballo o noso Contacontos musical para bebés. 

    Contos, música, monicreques…. un Xuño cheo de fantasía e maxia que fará gozar aos rapaces. 

    Contamos convosco!



  • Gran afluenza de público no Quebranoces para bebés

    É a segunda vez que vistamos Narón para representar O Quebranoces e alégranos dicir que houbo tanto interese por asistir ao noso espectáculo que, o pasado venres, uns cuarenta bebés e os seus pais encheron o local social de San Xiao.

    Aquí vai unha mostra do que se puido ver:




    A seguinte parada de Musicreques será o día 1 de Xuño en Coirós. Esperámosvos!
  • O Quebranoces no programa Apego en Narón

    O venres 11 de maio, ás 18:00, Musicreques representará o seu Quebranoces para bebés no centro cívico social de San Xiao en Narón. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

    A actividade é de balde, mais precisa inscrición previa a través de:   a.pita@naron.es

    Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
    nome da actividade
    nome e idade do neno ou nena
    nome da nai, pai ou persoa acompañante
    enderezo electrónico
    teléfono de contacto


    Esperámosvos!

  • Problemas coa conta de hotmail

    Estamos a ter problemas coa conta de correo de hotmail polo que nos preocupa que queirades poñervos en contacto con nós e non podades.

    Recomendámosvos que empreguedes as outras contas de correo alternativas que vos deixamos a continuación:

    loretoperezsanchez@yahoo.es
    loretoperezsanchez2004@gmail.com

    Sentimos as molestias.
  • Proxima actuación en Ponteceso

    O Concello de Ponteceso cambiou a data da nosa actuación coas “As aventuras de Quebranoces”, que tiñamos prevista nun principio para o 4 de maio, para o día 15 de xuño. 

    O cambio vai ser para ben porque, á proposta do Concello, estamos a preparar unha sorpresa para o público que seguro lle vai gustar! De momento non vos adiantamos nada máis pero, se estades atentos ás nosas publicacións, darémosvos máis datos próximamente!

    Quebranoces e Clara están a desexar sair outra vez de viaxe polo mundo.