Autor: Musicreques

  • Sesións para escolares no Concello de Ferrol

    O mércores da semana que ven Musicreques terá o pracer de actuar para os escolares do Concello de Ferrol, en representación do CMUS Xan Viaño. Serán dúas sesións no Teatro Jofre onde o conto musical de “Iván e o lobo gris” achegará aos rapaces á música e á cultura eslava, ca interpretación en piano a cuatro mans dunha selección das Danzas Eslavas de Antonin Dvorak e os personaxes de varios contos populares rusos. 

    Esperamos que os nenos gozen das aventuras de Iván e nos axuden a derrotar á malvada bruxa Baba Yaga!

  • Boas críticas da representación de Musicreques en Mugardos

    Trala sesión para os escolares de Coristanco que realizamos o venres 16, este martes achegámonos ata a Biblioteca Municipal de Mugardos, na que o ano pasado representamos “As aventuras de Quebranoces”, para levar nesta ocasión aos rapaciños mugardeses o conto de “Iván e o lobo gris”.

    Os nenos e nenas que viñeron a ver o conto musical pasárono fenomenal e non perderon nin unha migalla de atención en todas as peripecias polas que pasa o simpático e tamén algo miedosiño Iván. 

    Compartimos con vós a  reseña que fan da representación os responsables da Biblioteca no blog do programa Ler conta moito. Alégranos moito as súas amables palabras!

    Unhas simpáticas rapaciñas posan cos monicreques

  • Iván e o lobo gris. Unha historia de medo para o Samaín

    Xa falta pouco para que chegue o Samaín e, para aqueles que non o coñezades moito, recomendámosvos esta páxina con variados recursos para traballar cos nenos esta festa de orixe celta.  Pola nosa banda estamos a levar a diversas localidades da provincia de A Coruña unha fantástica historia de aventuras moi axeitada para esta época.   

    “Iván e o lobo gris” é un conto baseado en distintas historias de orixe eslava no que o entrañable Iván ten que ir nunha difícil procura por un bosque cheo de misterios, onde hai lobos, animais encantados, árbores máis vivas do habitual e o peor de todo, una malvada bruxa que vai facer todo o posible para acabar con Iván e tódolos seus amigos.

    O medo do noso amigo está moi presente durante todas as escenas da súa aventura, pero espero non desvelar demasiado se vos conto que, gracias ao amor e á amizade, Iván logrará saír airoso cumprindo a misión que lle encargou o Rei Otón e, por máis, tamén conseguirá un novo amigo e un gran amor.

    Toda esta fantástica historia nárramola cos nosos monicrequeso mentras a música das Danzas Eslavas de A. Dvorak, interpretadas en piano a catro mans en directo, fai de fío condutor. 

    Próxima representación o martes 20 de outubro ás 17:00 na Biblioteca de Mugardos (Avda de Galicia nº 68) .