Musicreques
Tras a exitosa estrea da semana pasada no Couceiro Freijomil... arranca a xira musical de "Iván e o Lobo gris"
A primeira parada dos nosos monicreques nesta nova andaina que comezan, foi o pasado luns no CEIP de Andrade, un cole xa coñecido por Musicreques no que sempre nos sentimos moi ben acollidas.
A primeira parada dos nosos monicreques nesta nova andaina que comezan, foi o pasado luns no CEIP de Andrade, un cole xa coñecido por Musicreques no que sempre nos sentimos moi ben acollidas.
Ao espectáculo asistiron todos os nenos do cole, tanto os de Educación Infantil como os de Primaria, e pasárono xenial coas aventuras dos nosos protagonistas. Os nenos acompañaron as danzas eslavas de Dvorak con palmas e gargalladas a esguello, e ata rematamos o espectáculo cantando todos xuntos a fermosa canción baseada no tema da Danza Eslava nº 1 incluída na nosa Guía Didáctica. Foi un final moi fermoso e emocionante!
Noraboa a profe de música Isabel por ser quen de achegar a música aos pequenos con tanta ilusión, e grazas a todo o cole de Andrade por tratarnos sempre cun agarimo tan especial.
Que semana máis emocionante foi para nós esta que remata!
Comezou na preestrea de "Iván e o Lobo gris" que fixemos para os máis achegados, xa que sempre que estreamos un novo espectáculo rodámolo antes para un público de confianza a así poder reflexionar e melloralo antes de presentalo ao público en xeral. A verdade é que saíu todo ben e os nenos dixéronnos que lles gustou incluso máis que "As aventuras de Quebranoces". Que alegría nos deron!!! Os rapaciños ríronse moito e pasárono moi ben. Tal e coma nós pensáramos as idades recomendadas para o espectáculo de Iván serán de 3 ata os 10 anos.
Aquí tedes unhas foto da preestrea
A segunda ocasión especial foi este xoves xa que a Asociación Musical Musicreques fixo dous anos de andaina. Dous anos!! quen o ía dicir....
Estamos moi ledas por todo o vivido e feito neste tempo e desexamos que esta fantástica aventura dure moito tempo máis. Esperamos que nos acompañedes e nos sigades dando forza para emprender novos proxectos. Lembrade que temos unha páxina de Facebook na que poderes seguir de preto toda a nosa actividade.
A terceira emoción e alegría desta semana foi e estea de "Iván e o Lobo gris" nun colexio, e non un colexio calquera, senón no Ceip. Couceiro Freijomil. Que pracer amosar o noso traballo por primeira vez nese colexio, que é tan especial para nós por ser quen nos animou a facer dun "pequeno" proxecto un "gran" proxecto que enche as nosas vidas de ledicia e diversión. Gracias Ceip. Couceiro Freijomil!!
Aquí vos deixamos un par de enlaces aos seus comentarios da nosa actuación:
A actuación no Centro Sociocultural do Graxal do sábado non puido ir mellor. Tivemos un cheo total de aforo, con moitísimos rapaces e pais que tiveron incluso que sentar no chan ou ficar de pé xa que tódalas cadeiras estaban xa ocupadas. Por se iso fora pouco, alegrounos moito ver entre tódolos asistentes a Emma, Adriana, Nico e Jose. Grazas por vir e por gozar co noso espectáculo!
A verdade é que deu gusto ver as caras de pequenos e maiores durante a representación. Os sorrisos e a participación continua dos pequenos nas distintas escenas motívanos a seguir con noso traballo de compartir a beleza da música e o teatro cos rapaciños.
O novo equipo de son funcionou ben e estamos contentas da compra pero aínda temos que aprender a lle sacar o máximo partido. Estamos a estudar o libro de instrucións para poder soar o mellor posible.
Comeza agora a conta atrás para as próximas representacións, que serán moi especiais porque imos deixar descansar un pouquiño a Quebranoces para estrear Iván e o Lobo gris. Terá tan boa acollida este novo espectáculo como o de Quebranoces? Xa vos contaremos...
Tralas actuacións nos concellos de Cerdido e Cerceda os días 20 e 24 deste mes, para os colexios de Ceip. a Barqueira e Ceip. Celso Emilio Ferreiro, achégase a actuación do sábado en Cambre, no Centro Cultural do Graxal.
Se todo marcha ben poderemos estrear ese día o novo equipo de son, que esperamos vos guste moito.
Deixámosvos o link á axenda cultural de Cambre para que consultedes toda a información. Lembrade que é o sábado 29 ás 19:00!