Quebranoces en Cambre

Tralas actuacións nos concellos de Cerdido e Cerceda os días 20 e 24 deste mes, para os colexios de Ceip. a Barqueira e Ceip. Celso Emilio Ferreiro, achégase a actuación do sábado en Cambre, no Centro Cultural do Graxal. 

Se todo marcha ben poderemos estrear ese día o novo equipo de son, que esperamos vos guste moito. 

Deixámosvos o link á axenda cultural de Cambre  para que consultedes toda a información. Lembrade que é o sábado 29 ás 19:00!




Musicreques en Arzúa

O pasado domingo Musicreques pechou o VIII Ciclo de Teatro no outono do Concello de Arzúa. 

A actuación foi todo un éxito de público. Con máis de 100 persoas entre rapaciños e rapaciñas de todas as idades, nais, pais e avós, "As aventuras de Quebranoces" fixeron as delicias de grandes e pequenos!

Ao rematar a función moitos pais achegaron aos seus nenos ata o teatrillo para sacarlles fotos cos monicreques. Aquí tedes un par de fotos que nos pasaron da actuación.




Agradecemos moito ao Concello de Arzúa e, especialmente, a Marcos Pampín, todas as facilidades que nos deron para que saíra todo perfectamente. Esperamos voltar pronto!


Boas críticas para Musicreques das Bibliotecas de Neda e Mugardos

Nas reseñas que fixeron no blog de "Ler conta moito" as Bibliotecas Públicas Municipais de Mugardos e Neda das nosas recentes actuacións, falan de "As aventuras de Quebranoces" como un estupendo espectáculo que encatou a pequenos e maiores! Podedes botarlle un ollo ás reseñas pinchando nos seguintes enlaces.

Reseña da BPM de Mugardos
Reseña da BPM de Neda


Axenda de actuacións (set-dec 2014)

Como nos estades a preguntar as datas e lugares onde imos estar nos próximos meses, deixámosvos aquí a axenda de actuacións que temos para este derradeiro cuatrimestre do 2014. Lembrade que as datas poden variar e que se poden engadir outras novas actuacións, polo que vos recomendamos seguir a nosa páxina de Facebook xa que ahí teredes a información máis actualizada. 

Setembro
Día 25 ás 12:00. Aula da Cultura de Neda. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Actuación para colexios da zona.

Día 25 ás 18:00. Biblioteca Municipal de Mugardos. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Entrada libre.

Novembro
Día 9 ás 18:00. Casa da Cultura de Arzúa. Representación de As aventuras de Quebranoces no "Ciclo de Teatro no Outono". Entrada libre.

Día 20 ás 12:00. Ceip A Barqueira de Cerdido. Representación de As aventuras de Quebranoces para os rapaces do colexio.

Día 24 ás 11:00. Ceip Celso Emilio Ferreiro de A Silva-Cerceda. Representación de As aventuras de Quebranoces para os rapaces do colexio.

Día 29 ás 19:00. Centro Socicultural do Graxal en Cambre. Representación de As aventuras de Quebranoces. Entrada libre.

Decembro
Día 20 ás 12:00. Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Representación de As aventuras de Quebranoces no programa "Ler conta moito". Entrada libre.

Día 28 ou 4 de xaneiro. Día e hora a determinar. Vedra. Representación de As aventuras de Quebranoces. Entrada libre.

Día e hora a determinar. Ceip Couceiro Freijomil de Pontedeume. Representación de Iván e o Lobo gris para os rapaces do colexio.

Día e hora a determinar. Ceip de Andrade-Pontedeume. Representación de Iván e o Lobo gris para os rapaces do colexio.


Presentamos “O Quebranoces” para bebés

Cando comezamos ca Asociación e pensamos en difundir a música clásica entre os nenos, sempre pensamos en aqueles que xa ían ao colexio e non se nos ocorreu pensar nos máis pequeniños, os rapaciños e rapaciñas de menos de tres anos. Fai pouco unha nai dunha Escola Infantil Municipal de A Coruña púxose en contacto con nós e preguntou se podiamos adaptar "As aventuras de Quebranoces" para nenos de 0 a 3 anos, facéndonos decatar de que os máis meniños tamén teñen que empezar a gozar da beleza da música e a diversión do teatro e, por suposto, canto antes mellor!!

E así xurdiu este espectáculo que vos imos presentar. 


"O Quebranoces" para bebés baséase no coñecido conto de Hoffmann xunto ca fermosa música da Suite de Tchaikovsky, ao igual que fixemos en "as aventuras de Quebranoces", pero adaptado ao nivel de comprensión e desenrolo dos bebés. Procuramos reducir a duración da actuación a 1/2 hora para que os pequenos non cansen e poidan estar atentos durante todo o conto, pero tamén engadimos outros contidos axeitados aos campos que se traballan nas Escolas Infantís: o coñecemento do corpo, as cores, o día e a noite, o tempo, a roupa, o primeiro contacto cos números, que é arriba ou abaixo….

Tedes toda a información que podades necesitar na páxina ESPECTÁCULOS, situada máis arriba desta entrada ou pinchando directamente neste enlace.

Se queredes ver parte dos contidos que os nenos van traballar en "O Quebranoces" para bebés, o podedes facer nesta canción que, polo que nos din, xa está a ter moi boa acollida!