Autor: Musicreques

  • De volta ao traballo

    Ola amigos! Aquí estamos de novo para retomar a actividade do blog despois das vacacións. Pronto reanudaremos os ensaios e as actuacións de “As aventuras de Quebranoces”, e vos contaremos as novidades e as datas dos próximos concertos, pero antes gustaríanos mostrar algo do traballo que estivemos a facer nestos meses de verán.

    O guión do próximo concerto didáctico “Iván e o lobro gris” xa está rematado. Pensamos que vai resultar moi divertido xa que ten diálogos desternillantes e situacións un tanto absurdas. Non queremos adiantar  moito para manter o misterio, pero se vos decimos que Iván (o noso querido ruso de “As aventuras de Quebranoces”) se vai ver metido nunha historia de bruxas, ras encantadas e lobos, non é destripar demasiado o conto.

    A bruxa Baba Yaga foi un dos monicreques que estivemos a facer no verán e vos queremos deixar unhas fotos para que vexades como foi o seu proceso de creación. Perecíanos importante que tivera pinta de mala pero que non resultase aterradora para os máis pequenos. A roupa será o que lle dará o toque final, pero podedes opinar e decir se o resultado vai por bo camiño. Que vos parece?

    Elexindo pelo, ollos e narices

    Dandolle cor

    Quedou simpática pero non parece unha bruxa. Faltaba darlle carácter. 

    Agora si que é unha bruxa.

    E aquí está Baba Yaga!!
  • Novo espectáculo de Musicreques

    Musicreques vaise tomar un descanso e facer un parón veraniego nas representacións de As aventuras de Quebranoces, pero non vos preocupedes porque en canto empece o curso voltaremos a levar a Quebranoces e aos seus amigos aos centros educativos. Alégranos poder decir que xa estamos a concretar datas cos coles para o próximo cuso! 

    Non vos pensedes que imos estar de brazos cruzados. Aproveitaremos o verán para traballar sobre o próximo espectáculo da asociación e elaborar o guión e os materiais (tanto monicreques coma decorados).  Xa temos algunhas ideas, como que o protagonista vai ser o ruso (que tanto éxito ten entre os nenos) e que na súa historia ou conto, no que empregaremos diversos elementos de tradición eslava, poderemos ver como coñeceu á súa muller. 

    A música elexida será, con toda probabilidade, de o maravilloso Johannes Brahms.

    Johannes Brahms 1833-1897

    O próximo espectáculo de Musicreques contará de novo cos tres elementos que caracterizan as nosas representacións: a música de piano en directo, a escenificación dun conto con monicreques e o uso de diapositivas como nexo narrativo e fomento á lectura.


  • Reseña sobre Musicreques no Ceip de Andrade

    No blog de música do Ceip. de Andrade puxeron unha reseña e unhas fotos da actuación do xoves. Compartímolas con vós.

    http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html

    Gracias, Isabel.


  • O Quebranoces no Ceip. de Andrade

    Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos vou decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel,  Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa. 

    Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.


    Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas… pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!

    Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.






    Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!

  • As nosas cancións

    As nosas cancións xa están a ser traballadas pola aula de música do Ceip. de Andrade!



    O simpático ruso tocando o contrabaixo


    Gústanos moito que o fagan porque así os nenos poder cantar as cancións cando as toquemos para eles.