Neste video que fixeron no Ceip. Couceiro Freijomil tedes unha mostra do que é o Concerto Didáctico de "As aventuras de Quebranoces". Podedes ver a parte de música e títeres, unha mostra das diapositivas e a escena de Rusia co simpático ruso e a súa muller. Espero que vos guste!
Musicreques
A clase de Ana, dos nenos de 4 anos do Ceip. Couceiro Freijomil, publicou no seu blog o video da actuación que fixemos para Infantil. Déxovos o link para que o vexades se vos interesa.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XpfRnx4y7d4&noredirect=1
O xoves 18 fumos ao Ceip. Couceiro Freijomil de Pontedeume. Fixemos dúas sesións, unha para Primaria (1º, 2º 3, e 4º curso) e outra para os nenos de Infantil. Pasámolo xenial!! Os rapaces non pararon de rir e participar no espectáculo, incluso atrevéronse a dar palmas e cantar mentres sonaba a música. Foi moi emocionante!!.
As diapositivas gustaron moito e os nenos disfrutaron adivinando que imaxe e personaxe ía aparecer a continuación.
Foi un placer actuar para vós Ceip. Couceiro Freijomil.
A moitos profes lles chamou a atención o bonitos que son os monicreques polo que nos preguntaron se os fixéramos nós e como foi a súa construcción. Vos deixo unhas fotiños para que o vexades. Espero que vos guste o vos animo a facer os vosos propios monicreques!
Como vedes, empregamos diferentes materiais para o pelo, dende limpiapipas, ata marabú ou gomaeva, de xeito que puidésemos dar a cada boneco a súa expresión e caracter.
Antes de seguir ensinándovos as actuacións que tivemos creo que chegou o momento de contarvos de que vai o espectáculo que estamos a facer. A historia de "As aventuras de Quebranoces" basease no conto de Hoffman "Quebranoces e o Rei do ratos" e foi adaptada para ser representada con monicreques mentras se interpreta a Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky ao piano. Os nenos poden ver a Clara e ao seu irmán cos seus agasallos de Nadal, a batalla entre o Rei rato e Quebranoces e a máxica aparición da Fada de zucre. Despois marchamos de viaxe por Rusia, o deserto de Exipto e China, a vivir moitas aventuras con Quebranoces e Clara ata, por fin, chegar a un Conservatorio ou Escola de música onde coñecemos aos instrumentos e formamos unha orquestra.
Aquí tedes a algúns protagonistas da historia |