Concerto no Ceip. San Marcos 2

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos no cole de Abegondo. Non hai fotos dos monicreques porque as que sairon sen flash sairon movidas e as con flash perden todo o ambente de luces de cores que hai nas escenas. Esperamos que vos gusten estas pouquiñas que eleximos para o blog.



Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.




Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura... menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!




Despois,  foron tan amables de nos dar un agasallo...



Moitas gracias Ceip. San Marcos!!!!


Concerto no Ceip. San Marcos 1

O martes 16 estreamos o espectáculo de "As aventuras de Quebranoces" no Ceip San Marcos de Abegondo para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria. Os nenos pasárono xenial, ríronse un montón e houbo moitísima participación, pero nós aínda o pasamos mellor. Mereceu a pena o traballo e o esforzo!. Moitas gracias a todos o que fixeches posible esta locura.