Autor: Musicreques

  • Unha sesión do Quebranoces en familia

    Onte actuamos no Concello de Cee dentro do programa “Música e teatro en familia” que se desenvolveu os sábados dende o 23 de febreiro ata o 6 de abril no auditorio Baldomero Cores.


    A asistencia de público foi algo escasa, mais iso permitiunos ter unha sesión moi íntima e familiar cos bebés que viñeron ver o espectáculo de O Quebranoces.


    As pompas e o avión foron das cousas que máis lles chamaron a atención aos pequerrechos, aínda que estiveron atentos e participativos durante todo o conto musical.


    Foi un pracer actuar no Concello de Cee e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos. Moitas a grazas a Pablo e Víctor pola súa amabilidade para con nós. Ata a próxima!

  • Musicreques comeza abril con dúas actuacións na primeira semana

    Neste próximo mes de abril, que en breve vai comezar, temos dúas actuacións programadas para a primeira semana.

    O venres 5 remataremos o programa de colaboración co CMUS Xan Viaño visitando o CEIP de Esteiro de Ferrol, para representar os Contacontos Musicais. E o sábado 6 viaxaremos ata o Concello de Cee co noso Quebranoces para bebés. Será ás 18.00 no Auditorio Baldomero Cores dentro do programa “Música e Teatro en familia” incluída na AGADIC de 2019.


  • Musicreques na vosa biblioteca


    Co gallo da próxima solicitude por parte dos Concellos das actividades incluídas no catálogo de “Ler conta moito 2019”, querémosvos informar dalguns erros que poden dificultar a localización dos nosos Contacontos para que poidan ser representados na vosa biblioteca.


    En primeiro lugar, non nos busquedes polo nombre artístico xa que na inscripción o responsable de facela equivocouse e non aparecemos.  😥





    Para localizar os nosos Contacontos recomendámosvos que poñades Musicreques no apartado de Actividade. Deste xeito obteredes dous resultados: 

    1- Contacontos Musicais 
    2- Contos e música do ceo, da terra e do mar.

    Por outra banda, e xa dentro de cada actividade, recomendámosvos tamén que visitedes o noso blog para ter toda a información de cada Contacontos, xa que o enlace que aparece na páxina de Ler conta moito tampouco vos vai servir de moito.  😥

    Pinchade nestos enlaces que aprecen a continuación e teredes toda a información que necesitedes.

    1- Contacontos Musicais (Este contacontos ten dúas versións e pode estar dirixido tanto a nenos de 0 a 3 anos como a nenos de 3 a 12. Xa foi representado con moi boa acollida e en numerosas ocasións tanto no 2018 como no que levamos do 2019)

    2- Contos e Música do ceo, da terra e do mar (co mesmo formato dos Contacontos Musicais, contos en prosa e en verso, música de piano en directo, cancións, adiviñas, etc, con contos e monicreques diferentes. De estrea no 2019)

    Se ti es programador xa sabes!…  e se non es programador e aínda así quéresnos ver na túa biblioteca habitual, fálalle de nós ao responsable dela ou envíalle este enlace.




  • Actuacións de Musicreques no programa de colaboración co CMUS Xan Viaño

    O venres 15 de marzo fixemos a sexta actuación do programa de dinamización da música e a lectura que Musicreques fai en colaboración co CMUS Xan Viaño de Ferrol. Desta vez fumos ata o Ceip. Isaac Peral onde actuamos para 130 rapaciños de Infantil que estiveron moi atentos e participativos. O próximo mes de abril remataremos o programa no Ceip. de Esteiro. 

    E mentras chega esa data seguiremos a levar os nosos espectáculos a outros Concellos como o de Cee, no que representaremos O Quebranoces (espectáculo para bebés) no ciclo de “Música e Teatro en familia” de Agadic.


  • Espectáculos na Rede Cultural

    O próximo mércores remata o prazo de solicitudes para a contratación dos nosos espectáculos na Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Aínda estades a tempo se vos interesa. 😊

    Temos tres espectáculos de monicreques que podedes atopar na categoría de Teatro-infantil (por un erro non aparecemos en Teatro-monicreques) e un espectáculo de Contacontos (que si está ben clasificado) na categoría de Teatro-Contacontos. Todos eles con música de piano en directo.
     🎼🎼🎹🎹

    Teatro-infantil ( de monicreques)
    1. As aventuras de Quebranoces
    2. Iván e o Lobo gris
    3. O Quebranoces (espectáculo para bebés)

    Teatro-Contacontos
    1. Contacontos Musicais

    Podedes atopar toda a información sobre estos espectáculos neste blog nas pestañas de Espectáculos de monicreques e Contacontos.