Autor: MUSIKEANDO

  • WEBQUEST SOMOS COMPOSITORES

    Con motivo de asistir ao concerto do grupo de percusionistas ODAIKO estivemos facendo algunhas actividades na clase de creación de ritmos utilizando instrumentos de percusión corporal.

    Agora imos ir un pouco máis alá con esta webquest.


    QUE AS MUSAS VOS ACOMPAÑEN!!!








  • DE CONCERTO CON ODAIkO!!!

    Todos disfrutamos moito no concerto do grupo de percusión Odaiko, pero o que non perdeu nin un detalle foi o noso percusionista particular, Pedro, do que vos deixo aquí un par de vídeos gravados neste verán.



  • PREPARANDO O ENTROIDO

    Un ano máis aproveitaremos a festa do Entroido para reivindicar a construción do novo colexio xa que este  está que cae.

    Este ano a Comunidade Educativa do CEIP Cruceiro pasaremos a converternos en prometedores artistas circenses.

    A nosa comparsa chamarase “O GRAN CIRCO DO REVEL”  e desfilaremos ata os terreos onde se construirá o novo cole ( tal vez algún día!!!!!!!!!!!!!!).

    Amenizaremos tanto o desfile como a festa no colexio con cancións que debemos ir preparando.

    “VAMOS A CONTAR MENTIRAS” , je je je, xa sabedes quen dice mentiras verdade????

     

    “LA MAGIA DEL CIRCO” de Parchís.



    E para bailotear …





  • OS PERSONAXES DO CONTO MUSICAL "PEDRO E O LOBO"

    Cada personaxe do conto musical “Pedro e o lobo” está representado por un instrumento da orquestra.

    Clica nas pegadas do lobo e verás a cada personaxe co seu instrumento.




    Neste vídeo veremos a presentación de cada un dos instrumentos.





  • DEREITOS DO NENO

    Aquí vos deixo o vídeo coa canción dos Lunnis que tan ben cantáchedes o DÍA DA PAZ, para que a repasedes cando queirades,  porque todos os días deberían ser “día da paz”, non vos parece???