Autor: MUSIKEANDO

  • PEDRO E O LOBO

    Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical de Serguéi Prokófiev “PEDRO E O LOBO”.

    Para empezar veremos a versión que fixo Disney da historia.




    Aquí tendes un fragmento da representación que a compañía granadina Etcétera fixo no Teatro Real.





    Agora podemos disfrutar dun simpático ballet.











  • HISTORIA DA MÚSICA

    Fantástico vídeo atopado en Eduplaneta Musical e publicado por Alicia, que fai un rápido repaso pola historia da música.

    Non volo perdades!!!





  • ODAIKO


    O día 22 disfrutaremos da actuación dun grupo de percusión chamado ODAIKO. Fan unha posta en escea moi orixinal e innovadora e imos pasalo moi ben.

    Como xa empezamos a preparar o concerto e tal e como vos dixen aquí tendes os vídeos que vimos na clase para que podades darlles un repaso.









  • ANTONIO VIVALDI: INVERNO


    Que frio fai!!!! Iso vai ser que estamos no inverno, a que si???

    Para ir coa estación agora toca estudiar a música que Vivaldi escribiu para contarnos o que é o inverno.

    O concerto titulado INVERNO ten 3 movementos:

    – 1º movemento: Allegro non molto
    – 2º movemento: Largo
    – 3º movemento: Allegro

    Nos seguintes vídeos Karajan dirixe á Filarmónica de Berlín.









    Aquí vos deixo unha pequena historia sobre o inverno que nos ofrecen dende MÚSICA EN ALCALÁ.




  • IMPROVISANDO COS CLÁSICOS!!!



    Os nenos de Infantil estiveron facendo improvisacións coa música do 3º movemento do concerto “Outono” de Antonio Vivaldi.

    Foron moi creativos e comprenderon perfectamente a diferenza entre os conceptos “FORTE-SUAVE”.

    Aquí vemos unha pequena mostra do que fixeron.