Autor: MUSIKEANDO

  • O SAMAÍN

    O día 31 de outubro celebraremos O SAMAÍN, polo que esta semana estamos de preparativos.

    Haberá moitas sorpresas e esperamos pasalo DE MEDO!!!

    Na clase de música imos cantar a canción do grupo MAMÁ CABRA titulada “SAMAÍN”.

    Aquí vola deixo para que vaiades practicando.

  • AS FIGURAS MUSICAIS

    Neste inicio de curso estamos repasando a duración das figuras musicais. Se pasades o rato a carón de cada figura teredes información sobre a súa duración.

    Para rematar deíxovos un vídeo moi simpático que nos fala das figuras e que penso vos gustará a todos, pequenos e grandes.

  • A VACA MARELA

    A Asociación de Gaiteiros Galegos realizou un proxecto chamado “PELO GATO 24” no que recolleu xogos e cantigas tradicionais galegas.

    Clicade na imaxe para ter máis información sobre este documento.

    A canción que estamos traballando no 2º ciclo é ” A VACA MARELA”.

    Conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!

    A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como “rubia gallega”, porque e de cor marrón clariño e non ten manchas.

    AGORA IMOS COA CANCIÓN, clicade na imaxe para vela, ah e atención porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores …