Autor: MUSIKEANDO

  • MUIÑEIRA CORRIDA

     Clicade na parella de bailaríns para escoitar a canción.



     Tamén vos deixo os pasos da “Muiñeira corrida” para que vaiades practicando.





  • A CAROLINA





    A saia da Carolina,
    ten un lagarto pintado;
    cando a Carolina baila,
    o lagarto dalle ó rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu amor (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, si señor!

    A Carolina é unha tola
    que todo fai ó revés;
    vístese pola cabeza
    e íspese polos pés.

    Bailaches Carolina?
    Bailei no cuartel!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co coronel (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, no cuartel!

    O señor cura non baila
    porque tén unha coroa.
    Baile , señor cura, baile,
    que Dios todo llo perdoa.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, a bo fe!
    Dime con quen bailaches?
    Bailei co meu Xosé (3 veces)
    Bailaches, Carolina?
    Bailei, a bo fe!

    No curro da Carolina
    non entra carro pechado,
    namais entra a Carolina
    co seu cocho polo rabo.

    Bailaches Carolina?
    Bailei, si señor!
    Dime con que bailaches?
    Bailei co meu amor.
    Co teu amor Carolina
    non volvas a bailar
    porque che levanta a saia
    e é moi mala de baixar.

    facede click no play para escoitar a canción




    Aquí vos deixo a interpretación do emblemático grupo galego FUXAN OS VENTOS.



    Esta é unha versión máis moderna e canta o grupo LUAR NA LUBRE.



  • ONDE VIVEN AS NOTAS MUSICAIS?

    BRAULIO fala sobre a colocación das notas da escala musical no pentagrama.

  • BEATLES "picassianos"

    Como durante este curso estamos realizando un proxecto interdisciplinar sobre Picasso e o da aula de música sobre The Beatles aquí vos deixo uns puzzles de dúas ilustracións sobre o grupo, que teñen un estilo totalmente picassiano.

    A 1ª é do ilustrador arxentino Pablo Lobato e a 2ª é do americano David Cowles.







  • TOCAMOS COMO RINGO!!!



    Durante este curso estamos xogando coa música dos Beatles e os nenos de 3 anos quixeron tocar como Ringo Starr.

    VAIA RITMO!!!




    Pareceulles moi divertido que os gravara en vídeo e aquí están estes pequenos artistas para que todo o que queira poda disfrutar coas súas interpretacións.

    Xa veredes que hai máis dun  futuro “Ringo” aquí agachado!!!