Autor: MUSIKEANDO

  • EU NON SEI


    Practicaremos as notas FA e MI coa frauta, tocando a canción tradicional galega “Eu non sei”.

    Eu non sei que pasou no muiño,
    eu non sei que debeu de pasar.
    Desde entón Maruxiña esta triste, 
    desde entón non fai máis que chorar.




  • AU CLAIR DE LA LUNE


    Na viaxe que estamos facendo polo mundo durante este curso, os nenos e nenas de 1º viaxaron a París.

    Na clase de música imos tocar “AU CLAIR DE LA LUNE”, unha canción de cuna tradicional de Francia.


     

    Tocarémola coas campás afinadas e utilizaremos 3 NOTAS: SI, LA e SOL.



  • QUEREMOS PAZ

    O alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo a coreografía para a canción “Queremos paz”, que cantaremos e bailaremos o luns 30 de xaneiro.

    Danzemos con eles!



  • PEDRO E O LOBO

    En 3 anos estamos traballando co conto musical de Prokofiev, “Pedro e o lobo”.

    Esta historia achéganos a diferentes instrumentos da orquestra.

    Escoitemos como soa cada personaxe!




  • QUEREMOS PAZ

    O 30 de xaneiro celébrase o “Día Escolar da Paz e da Non Violencia”, e este ano queremos pedir o remate da guerra entre Rusia e Ucraína.

    Na aula de música utilizaremos unha canción do grupo mexicano de rock, Maná, para pór o noso gran de area en prol da  PAZ.