"Xogo de tronos" é unha famosa serie con millóns de seguidores en todo o mundo.
Está ambientada nun mundo imaxinario onde Sete Reinos e varias Familias loitan por ocupar o Trono de Ferro.
Vexamos uns vídeos coa melodía que tocaremos na clase.
Un coñecido poema de Álvaro Cunqueiro convertiuse nunha canción cando Luis Emilio Batallán lle puxo música.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Ten aires de frol recente,
cousas de recén casada. (bis)
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quen puidera namorala!
Quen puidera namorala!
Meu amigo! (bis)
Traballaremos coa versión que fai Milladoiro, na voz de Rosa Cedrón.