Autor: MUSIKEANDO

  • SALVEMOS A SARGANTANA!

    Esta semana os nenos de Educación Infantil teñen unha gran responsabilidade, xa que deben axudar a Sargantana.

    Sargantana está en perigo!

    Cando viña de Cucurulandia, no seu foguete, caeu dentro do volcán da illa de A Palma. Non queda moito tempo para poder salvala.

    TEMOS UNHA MISIÓN!







  • O ENTROIDO DOS ANIMAIS: LEÓN

    O autor Camille Saint-Saëns compuxo a obra “O entroido dos animais” coa que coñeceremos a diferentes animais a través da música.

    O LEÓN aparece representado nesta obra e os alumnos de Educación infantil converteranse en verdadeiros reis da sabana.



  • ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR

     Imos cunha canción acumulativa!

    Primeiro aprenderemos a canción, sen esquecer ningún personaxe.

     

    E agora cantaremos a canción utilizando un instrumento diferente para cada personaxe. Cando cantemos o nome dun personaxe debemos tocar o instrumento correspondente.

    Prestade moita atención!


    Preparados para cantar e tocar!



  • WE WILL ROCK YOU

     


    “We will rock you” é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.

    Esta canción é mundialmente coñecida polo seu ritmo pegadizo e escoitase con frecuencia nos estadios nos que se desenvolven competicións deportivas.

    Imos acompañar a canción seguindo o musicograma.


    Aquí temos a partitura do estribillo.



    A TOCAR!




  • QUEEN: WE WILL ROCK YOU

    QUEEN foi unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante e pianista Freddie Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon,

    A espectacularidade das súas actuacións e a mistura de estilos musicais foron as claves do seu éxito.

    Os seus discos foron superéxitos en diferentes paises do mundo.

    Queen destacou por facer que as súas cancións sexan coñecidas e cantadas por todo o mundo, xa que  moitas delas utilízanse en grandes acontecimientos sociais e deportivos.

    Empezamos vendo unha pequena biografía sobre o grupo.

    No ano 2018 estreouse a película “Bohemian Rhapsody”, que conta a historia do cantante Freddie Mercury e do grupo Queen.

    Esta película conseguiu o premio “Globo de Oro” 2019 á mellor película dramática.

    Un dos temas máis famosos do grupo é “We will rock you”.




    Na seguinte escena de “Bohemian Rhapsody” vemos como naceu a canción de “We will rock you”.