Autor: MUSIKEANDO
-
NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA
Tocaremos esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg, utilizando instrumentos de placas e outros de percusión non afinados.Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.O seguinte vídeo móstranos os matices deste vídeo.Esta peza tamén formou parte da banda sonora da película “Trolls”, no tema “Hair up”.
-
PEDRO E O LOBO
Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical “Pedro e o lobo”, do compositor Serguéi Prokófiev.
Nesta historia cada personaxe está representado por diferentes instrumentos da orquestra sinfónica.
Empezaremos vendo a versión que fixo Disney desta historia.
No seguinte anuncio a música de Pedro e o lobo tamén é protagonista. -
SALVEMOS A SARGANTANA!
Os nenos de Educación Infantil tedes unha importante misión, Sargantana foi secuestrada polo xigante Gerión e está encerrada na Torre de Hércules, unha das marabillas de Galicia que este curso estamos estudando.
Debedes ser moi valentes e superar todas as probas que o xigante Gerión vos fará.
Axudaránvos na vosa misión Hércules e Breogán.
Estades preparados para empezar?
POIS IMOS ALÓ!





