Autor: MUSIKEANDO

  • CANTAMOS, TOCAMOS E BAILAMOS… A MUIÑEIRA!


    A muiñeira é o máis característico dos ritmos da música tradicional galega.

    A orixe do nome fai referencia á palabra muiño, xa que arredor dos muiños, nos tempos da molienda, a xente dos pobos reuníase para levar o gran. Estas xornadas eran moi longas polo que convertíanse en festivas e unha das formas de pasar o tempo era cantando, tocando e danzando.

    Ás danzas que alí facían chamáronlle “muiñeiras”.

    Neste trimestre traballaremos con diferentes muiñeiras.





  • THRILLER

    Este curso non puidemos facer unha actividade común para celebrar a festa de Samaín, pero na clase de música todo o alumnado de primaria bailou, durante esta semana, “Thriller” de Michael Jackson.

    Aquí están todos os vídeos destes zombis tan marchosos.

  • ACHÉGASE O SAMAÍN!

     


    Durante esta semana traballaremos con música terrorífica para celebrar a festa de Samaín.

    Premede nos fantasmiñas para ver as diferentes cancións.

  • ANTONIO VIVALDI: OUTONO

     



    Antonio Vivaldi foi un dos grandes compositores da historia da música. Unha das súas obras máis coñecidas é “As catro estacións”. Nesta obra Vivaldi converte en música as sensacións e as emocións que a natureza produce nel.

    No seguinte vídeo faremos un rápido repaso pola biografía deste xenio.



    Fai algúns anos, os alumnos de 4º curso traballaron con esta obra realizando un exercicio de expresión corporal.

    COÑECEDES A ALGUÉN?




    Acompañaremos este 3º movemento da obra de Vivaldi utilizando os seguintes instrumentos de percusión.





    Agora tocaremos o 1º movemento desta fantástica obra utilizando os instrumentos de láminas.



  • ESTAMOS EN OUTONO!

     


    Xa chegou o outono e con él as castañas e os magostos.

    Imos aprender diferentes cancións que nos situan nesta estación do ano.