Autor: MUSIKEANDO

  • BENVIDOS A UN NOVO CURSO!



     

    OLA CHICOS!

    Entre o xoves e o venres desta semana ides voltar todos á escola despois de moito tempo sen vernos.

    Gustaríame que empezásemos o curso con moita ilusión e con enerxía! 

    Para recargar as pilas déixovos a mesma canción coa que me despedín, porque esta vez SIIIIIIII poderemos estar xuntos para bailala.


    BAILEMOS SEN PARAR, AÍNDA QUE SEXA CON MASCARA!





  • ATA O VINDEIRO CURSO!



    Despidome de vós, ata setembro, cunha canción moi optimista e con moita marcha!

     BOAS VACACIÓNS! 












  • NO ANO PASADO…

    Non sei se lembrades o que fixemos a principio deste curso tan extraño para todos, pero aló polo mes de decembro interpretáchedes para os vosos compañeiros e para as familias diferentes temas musicais.

    Cun pouco de nostalxia, déixovos os vídeos que gravei na clase durante os ensaios.

    Espero que pronto podamos volver a estar tan xuntiños para volver facer un traballo tan chulo!










  • DANCE MONKEY



    “Dance monkey” é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e  que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.

    Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.

    Imos traballar con esta canción bailando e tocando.

    Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.

    A BAILAR!












    E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro  instrumento ou obxecto co que podades facer sons.

    A TOCAR!




  • O RETO DAS MANS


    Hoxe déixovos un gran reto que debedes facer utilizando instrumentos de percusión corporal e obxectos da casa.

    É o RETO DAS MANS.

    Tocaremos negras, corcheas, silencio de negra e silencio de corchea.






    Cantas máis mans mellor!