Autor: MUSIKEANDO
-
SALVEMOS A PEPIÑO!
Esta actividade vai dirixida especialmente aos nenos e nenas de Educación Infantil, pero os irmáns maiores podedes axudalos a XOGAR.Tedes unha importante misión: SALVAR A PEPIÑO!O MORCEGO SEIS OLLOS secuestrou a Pepiño e o ten encerrado nunha casa no bosque encantado.Só vós podedes salvalo!PEPIÑO NECESÍTAVOS! -
MUIÑEIRA DE CHANTADA
Esta obra foi composta, no ano 1865, polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, membros da Banda del Ferraias.A peza foi popularizada polos irmáns Cachafeiro, os Gaiteiros de Soutelo, que a gravaron no ano 1928.Déixovos aquí a interpretación desta peza, que fixo Carlos Núñez acompañado do grupo “The Chieftains”.Vexamos a intepretación desta danza tradicional.
E agora un cambio total de estilo!Fai dous anos, a escola de danza Media Punta de Vigo decidiu coreografiar a “Muiñeira de Chantada” a ritmo de hip hop.Con esta danza obtiveron a medalla de oro no Campeonato de España e tamén presentáronse ao programa Got Talent, donde tiveron gran éxito.
ANIMÁDEVOS A PROBAR! -
MUIÑEIRA CORRIDA
No mes das Letras Galegas traballaremos con música tradicional.Empezaremos cunha canción moi xeitosa titulada “Muiñeira corrida”.Agora que xa coñecedes a canción imos acompañala con instrumentos tradicionais.Xa sei que os instrumentos están no colexio, pero moitos de vós tedes na casa algún dos instrumentos que aparecen no vídeo e todos tedes botellas, culleres de pao ou de metal, vasos, tixolas, tapas… e calqueira cousa coa que podades facer sons. Utilizade a imaxinación!Xa sabedes que a música tradicional sempre foi acompañada por calqueira utensilio da casa co que se puidera facer un ritmo.
Seguro que o facedes xenial!







