Autor: MUSIKEANDO

  • CADA OVELLA COA SÚA PARELLA

    Xogemos un pouquiño!


     EMPARELLA O NOME DO INSTRUMENTO CO SEU DEBUXO 

        EMPARELLA CADA NOTA DA ESCALA CO SEU LUGAR NO PENTAGRAMA





  • CON MOITO RITMO!

    Despois das vacacións de Semana Santa non estaría mal xogar un pouco coa música.

    Déixovos diferentes actividades de ritmo.

    Animádevos a xogar!



  • INCREDIBOX

    Ola chicos!

    Déixovos “Incredibox”, que é un xogo moi divertido co que podedes desenvolver a vosa creatividade creando ritmos e melodías.

    Podedes xogar na versión web, que é gratuita, e ata o luns poderedes acceder a máis opcións do programa. Cando teñades o voso ritmo podedes gravalo.

    ANIMÁDEVOS A XOGAR!



  • AXENDA PARA ESTA SEMANA

    Ola chicos!

    Déixovos unha axenda con actividades para esta semana.

    Hai traballo para todos os cursos. Elixide vós o que queredes facer.

    De todas formas seguirei poñendo máis actividades e xogos durante estes días.











  • A HORA DO PLANETA

    Hoxe sábado 28 de marzo, celébrase a “Hora do planeta” 2020, polo que dende as 20:30 ata as 21:30 horas estamos chamados a apagar as luces das casas, dos edificios e dos monumentos, como símbolo da loita contra o cambio climático.



    Déixovos a canción “Ahora, el planeta”. Todos a cantar e a bailar!!!



    Debido a que este ano estamos confinados na casa, a ONG que organiza diferentes actividades ,WWF, propón que saiamos á ventá e que escribamos coa linterna dos nosos teléfonos a seguinte frase “APAGA A LUZ. TODO IRÁ BEN”, utilizando o CÓDIGO MORSE.

    INTENTEMOS ESCRIBIR ESA FRASE EN CÓDIGO MORSE!!! SERÁ DIVERTIDO!!!

    Pero ¿qué é o Codigo Morse? 

    É un alfabeto que utiliza pitidos curtos ou longos. Un pitido longo equivale a tres pitidos curtos.

    Aquí vos deixo a equivalencia de cada letra en Morse.


    Déixovos tamén máis información sobre este alfabeto tan interesante.







    Para transmitir esta mensaxe non utilizaremos sons, senón a luz de linternas ou dos teléfonos móbiles.

    PEDIDE AXUDA ÁS PERSOAS MAIORES QUE ESTÁN NA CASA E INTENTADE FACELO ENTRE TODOS. 

    QUE VOS PARECE?