Autor: MUSIKEANDO

  • PEQUENOS ARTISTAS

    Hoxe Fran interpreta ás súas obras dende a terraza da súa casa.

    Que sorte respirar ao aire libre!





  • A XOGAR!

    Aí van uns xogos para que pasedes o rato.

    INSTRUCIÓNS: Eu dareivos diferentes palabras dun tema relacionado coa clase de música. Debedes buscar estas palabras en tres xogos diferentes, uns son máis sinxelos e outros non tanto.

    A xogar!



    TEMA: NOTAS DA ESCALA MUSICAL

    Preme no monstro para empezar a xogar.


    ¿Qué nota é a que falta?


    TEMA: INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DA NOSA AULA DE MÚSICA

    Preme no monstro para empezar a xogar.


  • PEQUENOS ARTISTAS

    Fran ofrécenos dúas novas cancións interpretadas co seu trombón.

    MOITAS GRAZAS! 😃😃😃



  • GRANDES COMPOSITORES! ANTONIO VIVALDI

    Durante este periodo que non podamos estar xuntos na aula irei colgando no blog pequenas biografías de algúns dos máis importantes compositores da historia da música.

    Chamareille a esta sección “GRANDES COMPOSITORES”.

    Empezarei con Antonio Vivaldi, xa que é o compositor da obra “As catro estacións”.

    Déixovos un vídeo da súa biografía que é moi divertido. Non volo perdades!



    E AGORA TOCA XOGAR!

    Aí van 3 crebacabezas con distintos graos de dificultade.

    Pode xogar toda a familia!












  • CHEGOU A PRIMAVERA!


    No estado de alarma no que nos atopamos por mor do COVID-19 e case sen darnos de conta, esta madrugada, ás 4:50 horas, entrou a primavera.

    Para relaxarnos nada mellor que botar man da obra de ANTONIO VIVALDI “As catro estacións” e escoitar a parte que representa á primavera.