Autor: MUSIKEANDO

  • SOS


    Ola chicos!

    Se vos podo axudar con algunha dúbida que teñades podedes contactar comigo a través dos comentarios do blog ou do seguinte correo electrónico:

    clasedemusicavilalonga@gmail.com

    Se estades traballando na casa e queredes mandarme unha foto ou vídeo tocando ou cantando eu subirei todo ao blog para que o vexan os compañeiros.

    Unha aperta.



  • O LOBO E OS TRES PORQUIÑOS

    Esta canción é unha das favoritas dos máis pequenos e co que máis gozan e facendo o xogo na clase.

    Na casa podedes xogar con eles. Facede dous equipos, un de lobo, ou lobos, e outro de porquiños, e representade a canción. 

    Será moi divertido!










  • AI, PEPIÑO, ADIÓS!


    Canción tradicional galega moi cantada en todo tipo de festas, sobre todo nas familiares, que estamos tocando coa frauta.

    Seguide tocando ata o final porque o estabades facendo moi ben.

    Ai Pepiño, adiós,
    ai Pepiño, adiós,
    ai Pepiño por Deus non te vaias,
    quédate con nós,
    quédate con nós,
    non te vaias afogar na praia
    como nos pasou a nós.





  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA


    Con esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg estamos practicando a escala coa frauta.

    Déixovos os vídeos que vimos na clase e a partitura para que vaiades practicando.

    Que soen as frautas!










    E por último imos coa melodía.




  • QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!

    Deixovos o vídeo coa canción “Que guai” para cantar e tocar. Como xa falamos na clase, podedes utilizar calquera vaso de plástico ou cartón que teñades na casa. Se non tedes vasos usade unha botella de plástico ou outra cousa que se vos ocurra. O importante é tocar tal e como nos indica o vídeo.

    Seguro que soará en Vilalonga unha orquestra peculiar!