Autor: MUSIKEANDO

  • ALERTA CORONAVIRUS


    Durante o tempo que non podades asistir a clase colgarei no blog diferentes actividades para que repasedes.

    Farei un acceso rápido a vídeos con cancións, xogos de ritmo, partituras, etc, xa que a música vos pode axudar a pasar o tempo e sempre estará ben compartila coa familia.

    Botádelle unha ollada ao blog de cando en vez!


  • O SON DO AR

    Luar na Lubre é un grupo galego que fai música folk. As súas melodías baseanse na música galega e na de inspiración celta.

    O grupo naceu no ano 1986 na cidade de A Coruña.

    Un dos seus temas máis coñecidos é “O son do ar”, tanto é así que o músico británico Mike Oldfield incluiu unha adaptación do tema no seu disco “Voyager” e invitou ao grupo á súa xira mundial o que fixo que o grupo se coñecera internacionalmente.




    Tocaremos unha adaptación para a frauta doce.





  • UNHA NOVA CANCIÓN

    Un curso máis e unha nova canción!

    Chega o Entroido e seguimos reivindicando a construción do novo colexio. 

    Grazas á xenerosidade de Mon e de Andrea temos un novo tema, con moitísima marcha, para cantar e bailar.




  • SKA DE LA TIERRA


    Este ano para celebrar o Día da Paz cantaremos a canción de Bebe “Ska de la Tierra”.  

    Coidar o planeta tamén é traballar en prol da PAZ!