Autor: MUSIKEANDO

  • CÁRMINA BURANA


    No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII. 

    A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.




    Estes poemas medievais formaban a obra titulada “Cármina Burana” que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa “Cancións de Beuern” en latín.

    Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra “Cármina Burana” que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.




    Na clase imos traballar coa Introdución, titulada “Oh Fortuna”, que tamén é a Conclusión da obra.

    Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.








    Aquí tedes a partitura coa melodía.







  • SKA DE LA TIERRA

    Seguimos traballando dentro do proxecto “Mares de plástico” e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.


    A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.










  • SAMAÍN

    Moi pronto celebraremos o Samaín!

    O colexio encherase de bruxas, esqueletos, magos, trasnos e moitos seres terroríficos, que como todos os anos cantarán unha canción no ximnasio para rematar o festexo.

    Estes extraños personaxes pasaranse pola clase de música para aprender a canción de Jesús Pareja “Samaín”.

    🎃🎃🎃

    Aquí vos deixo un simpático vídeo e tamén a letra.






  • FACEMOS MELODÍAS!

    Os nenos de 2º estiveron xogando coas notas SOL e SI no pentagrama do chan e compuxeron unhas pequenas melodías.

    Facédelo moi ben chicos!



  • LA COSTA DEL SILENCIO

    Co proxecto de centro deste curso, “Mares de plástico”, trataremos de concienciarnos sobre o grave problema que supón para a vida no planeta o cambio climático, provocado en gran medida polas agresións que o ser humano provoca no seu entorno.

    Para introducirnos no tema lembraremos o gran desastre mediambiental que se produciu nas nosas costas no ano 2002 co afundimento do petroleiro Prestige.

    A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada “La costa del silencio” na que se fala das causas e consecuencias do afundimento deste barco.





    Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.