Autor: MUSIKEANDO
-
RODOLFO, O RENO DO NARIZ VERMELLO
Achégase o Nadal e non podía faltar unha película que fala duns personaxes moi queridos por pequenos e maiores.Tocaremos unha canción moi coñecida que pertence á banda sonora da película.No seguinte vídeo vexamos o trailer da peli.
Escoitemos a canción.
-
O SUBMARINO AMARELO
Seguindo esta viaxe polas Bandas Sonoras non podiamos esquecer a película protagonizada polos Beatles, “Yellow submarine”.
Vexamos unha versión da famosa canción interpretada por Cantajuegos.
E agora unha versión instrumental.
E remataremos cunha interpretación da canción en galego.
No lugar onde nacín
agochábase un capitán.
Que navegou e navegou
e cantaba sen parar.
Pilotaba un submarino
polos mares de todo o mundo,
e contaba moitas historias
do planeta dos submarinos.
Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é.
Navegamos no verde mar,
vimos peixes e un tiburón.
Só soñamos con nadar.
Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é.
No lugar onde nacín
agochábase un capitán.
Que navegou e navegou
e cantaba sen parar.
Amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é,
amarelo o submarino é, amarelo é, amarelo é. -
O MAGO DE OZ
“O mago de Oz” é unha película musical do ano 1939.A película estivo nominada a varios premios Óscar e conseguiú dous, un deles á mellor canción por “Over the rainbow”, que tocaremos na clase.Está baseada na novela infantil “O maravilloso mago de Oz” de Frank Baum.A protagonista da historia é Dorothy, unha rapaza que vive en Kansas cos seus tios.Cando un tornado atraviesa a zona, a casa da xoven é absorbida con ela dentro. Cando o furacán remata, Dorothy descubre que aterrou nun mundo extraño e marabilloso chamado Oz, onde existe a maxia. Desexosa de volver a casa, Dorothy comeza a percorrer o camiño de baldosas amarelas, unha senda que a leva ata Cidade Esmeralda, lugar onde habita o mago. Só el poderá devolvela a Kansas.Durante o camiño Dorothy coñecerá a distintos compañeiros de viaxe: un león cobarde, un espantallo sen cerebro e un home de hojalata sen corazón. Xuntos seguirán o camiño para pedirlle unha cousa cada un ao mago de Oz. O león pediralle coraxe, o espantallo un cerebro e o home de hojalata un corazón.Polo camiño deberán enfrentarse a diferentes peligros, como as malvadas bruxas que non desexan que acaden a súa meta.De súpeto Dorothy esperta na súa cama. Parece que todo foi un sono…! ou quizais non…!No seguinte vídeo podedes escoitar a canción que tocaremos e veredes un pequeno resumo das aventuras de Dorothy.





