MUSIKEANDO
Esta canción conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!
A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como "rubia gallega", porque é de cor marrón clara e non ten manchas.
AGORA IMOS COA CANCIÓN, e fixádevos ben porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores ...