"EL BOSQUE DEL SILENCIO"


A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada "La costa del silencio". Este tema trata sobre o medio ambiente e fai referencia ao desastre do Prestige.




Nestes intres os galegos estamos moi sensibilizados pola vaga de incendios que asolou os nosos montes no mes de outubro e imos utilizar esta canción para facer algún cambio na letra e adaptala aos momentos actuais.

A nova canción chamarase "El bosque del silencio".

Imos aprender primeiro a canción orixinal. Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.












"EL MONSTRUO QUE NO DEJABA A LOS NIÑOS IR AL COLEGIO"



"El monstruo que no dejaba a los niños ir al colegio" foi unha campaña solidaria que levaron a cabo Unicef e ING no Nadal do ano 2012 co fin de recadar diñeiro para axudar a nenos que, por diferentes motivos, non teñen acceso á educación.

O monstro simboliza os problemas que existen no mundo e que imposibilitan a escolarización de moitos millóns de nenos. Falamos de monstros como a pobreza, o traballo infantil e a discriminación de xénero.

A historia trataba dun monstro que impedía por todos os medios que os nenos poideran ir á escola. A única forma de vencelo era usando o teléfono móbil para mandar un sms cunha palabra que facía que o monstro desaparecera, e así os nenos conseguían volver á súa escola.


Os cartos recadados foron para colaborar na educación de moitos nenos de zonas desfavorecidas no mundo.

Déixovos o vídeo cun dos catro finais posibles para o monstro.





Como os alumnos de 5º estades inventando a letra para unha canción cunha temática similar e sobre todo porque hai un grupo que empezou a súa canción cun MONSTRO, déixovos esta bonita historia por se vos da algunha pista.




O MONSTRO DE CORES

CHEGOU A REVOLUCIÓN !

A biblioteca do cole está en proceso de cambio. Imos facer a biblioteca que queremos!

En todas as clases aportáchedes ideas sobre como vos gustaría que fora, a partires deste curso, a biblioteca do colexio.

Na clase de música faremos un conto para que estea sempre na biblioteca, pero non será un conto calquera, será un CONTO MUSICAL.

E xa que estamos en plena revolución de sentimentos, porque Inzilbeth, a nosa queridiña mascota, tivo que marchar repentinamente, que mellor conto que "O MONSTRO DE CORES".

Os alumnos de 3º curso faredes unha versión musicada dese fantástico conto.

Teredes que escribir as partituras, escribir o conto en papel, interpretar o conto cos instrumentos e gravalo para que todo forme parte da nova biblioteca. 

Pasarémolo moi ben pero teremos moito traballo!

Empezamos con algunha información sobre o conto.





Premede no debuxo e repasaremos as diferentes cores!




E agora premede na imaxe e lede con moita atención porque hai que empezar a compoñer.