Autor: MUSIKEANDO

  • A PITA PODEIRA

    Con esta canción adentrámonos en ritmos puramente galegos.

    Aprenderemos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais.





  • CANTAMOS E BAILAMOS!


    Estes nenos de 5 anos son uns verdadeiros artistas. 

    Cantan e bailan con moitísimas gañas “O xogo chirimbolo”.





  • A VACA MARELA


    Esta canción conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!

    A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como “rubia gallega”, porque é de cor marrón clara e non ten manchas.

    AGORA IMOS COA CANCIÓN, e fixádevos ben porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores …




  • EL PENTAGRAMA

    Unha canción moi marchosa para iniciarnos na linguaxe musical convencional. 

    Empezamos cun xogo no pentagrama do chan que hai na clase de música e logo a pola canción.




  • NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

    Esta peza da obra “Peer Gynt” de Edvard Grieg sempre está presente na aula de música, xa que axuda aos alumnos a aprender a escala coa frauta dunha forma moi divertida.

    Vexamos a interpretación da orquestra deste tema tan coñecido.




    E agora con este vídeo, no que aparecen moitísimos trolls, estudiaremos o ritmo desta peza.




    E por último imos coa melodía.